Actualidad Info Actualidad

A Consellería de Medio Ambiente deixa sen opcións aos gandeiros fronte ao lobo

Redacción oviespana.com27/08/2018

A falta de apoio ás medidas preventivas provoca que os gandeiros soliciten batidas que non teñen efecto sobre os ataques

No último ano a situación do lobo en Galicia estase tornando insostible. Por unha banda os propios datos da Consellería de Medio Ambiente confirman un ascenso brutal dos danos á gandería. Do 2015 ao 2017 duplicáronse o número de animais mortos polo lobo. Este aumento non se ten traducido en medidas por parte da Xunta de Galicia: a Consellería do Medio Rural ponse de perfil e esquiva toda responsabilidade e a Consellería do Medio Ambiente segue sen afrontar o problema e por solucións sobre a mesa. encuesta lobo gallego web

Que resposta está a dar a Consellería a esta gráfica sangrante para os gandeiros?

Neste contexto hai que volver reler o Plan de Xestión do Lobo que é a ferramenta que dispoñemos para traballar e o marco lexislativo que dispoñemos. De todas as medidas que alí se describen na actualidade estanse a realizar unicamente os pagos por danos, aínda lonxe de estar ao día xa que co aumento dos ataques o orzamento previsto quédase curto, e nos anos 16 e 17 as axudas ás medidas preventivas. Nesta liña de axudas participamos dende o principio intentando transmitir á Consellería, dende a SGPF e como membros de O-Xan, cales eran as mellores opcións para proporcionar ferramentas eficaces para a prevención dos ataques. A realidade é que estas dúas convocatorias sacáronse sen planificación algunha, sen avisar ao sector e cuns prazos de xustificación ridículos (a do 2017 tivo 6 días hábiles para xustificar todos os investimentos no medio da ponte da Constitución). Para este ano 2018, coa alza dos ataques e a falta de planificación da Consellería os gandeiros seguimos sen saber se vamos poder optar a estas axudas ou non.

Peche gandeiro efectivo pero non subvencionado por falta de planificación dende o 2012.

Peches fixos electrificados propostos web

Para a adquisición dun cadelo de Mastín de traballo compre encargalo con varios meses de antelación, como pretenden que se atope un en 6 días?

Mastín integrado no rabaño web

Seguindo co Plan de Xestión, nel establécense toda unha serie de medidas de acompañamento, asesoramento e divulgación tanto do lobo como especie como das medidas que se deben tomar para unha correcta convivencia. Unha vez máis a Xunta de Galicia deixa absolutamente desamparados ao sector gandeiro que, como é lóxico, brama por respostas e atención xa que o que está protexido por lei é o lobo e non a gandería.

Non é de estrañar que neste contexto se soliciten batidas, como a de Vilalba na pasada semana, estas débense entender como unha medida desesperada, unha chamada de auxilio dos gandeiros xa que non teñen outra maneira de reaccionar. A presenza do lobo no 94% do territorio galego fai que non poidamos falar de “casos illados” ou de “zonas conflitivas”. TODO O TERRITORIO GALEGO debe de dispoñer dun plan de traballo axeitado, sen deixar de lado o traballo das asociacións gandeiras que, coma a SGPF, apostan pola divulgación de coñecementos e a posta en práctica dos métodos efectivos de prevención de ataques do lobo.

Pero de pouco serve xuntar esforzos e vontades, dirixirse a todos os grupos parlamentarios con xuntanzas no Parlamento de Galicia, tal como fixemos no mes de xuño, ou mesmo coa Directora Xeral o ano pasado, se non se poñen sobre a mesa as actuacións necesarias.

Dende a SGPF estaremos sempre abertos ao diálogo, pero na actual situación compre tomar cartas no asunto urxentemente, polo ben da gandería, do lobo e do rural galego.

Suscríbase a nuestra Newsletter - Ver ejemplo

Contraseña

Marcar todos

Autorizo el envío de newsletters y avisos informativos personalizados de interempresas.net

Autorizo el envío de comunicaciones de terceros vía interempresas.net

He leído y acepto el Aviso Legal y la Política de Protección de Datos

Responsable: Interempresas Media, S.L.U. Finalidades: Suscripción a nuestra(s) newsletter(s). Gestión de cuenta de usuario. Envío de emails relacionados con la misma o relativos a intereses similares o asociados.Conservación: mientras dure la relación con Ud., o mientras sea necesario para llevar a cabo las finalidades especificadasCesión: Los datos pueden cederse a otras empresas del grupo por motivos de gestión interna.Derechos: Acceso, rectificación, oposición, supresión, portabilidad, limitación del tratatamiento y decisiones automatizadas: contacte con nuestro DPD. Si considera que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente, puede presentar reclamación ante la AEPD. Más información: Política de Protección de Datos

REVISTAS

NEWSLETTERS

  • Newsletter Ovino

    22/05/2024

  • Newsletter Ovino

    15/05/2024

ENLACES DESTACADOS

26º Foro Nacional de Ovino: 3-5 de junio de 2024

ÚLTIMAS NOTICIAS

OPINIÓN

OTRAS SECCIONES

SERVICIOS