ACTUALIDAD

Nace a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Redacción oviespana.com22/09/2014
NACE A SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES

O venres 19 de setembro tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a presentación pública da recentemente creada Socedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF).

As Sociedades de Pastos están presentes en todos os países do mundo e tamén nalgunhas rexións. A máis antiga é a British Grassland Society. En España existe a Sociedad Española para el Estudio de los Pastos (SEEP) e en Portugal a Sociedade Portuguesa de Pastagens e Forragens (SPPF).

A SGPF nace como resposta ós cambios importantes que estanse a dar nos usos da terra en Galicia. O maior problema nos cambios nos usos é a perda constante de SAU. Esta superficie transfórmase, na maior parte dos casos, en mato ou en plantacións forestais intensivas.

Esta situación e o coñecemento dos sectores gandeiros e da súa importancia de cara ao futuro é o que nos impulsou aos 21 socios fundadores (gandeiros, técnicos e investigadores) a crear unha sociedade de pastos netamente galega que nos permita o contacto continuos e directo entre as partes interesadas: Gandeiros, Técnicos, Investigadores e Entidades (empresas, cooperativas, asociacións,...) dos sectores implicados ( Vacún de leite, Vacún de carne, Ovino, Cabrún e Cabalar ). Entre os fins da asociación cabe destacar:

- Divulgar os adiantos técnicos e científicos para mellorar os métodos de produción, xestión e utilización dos pastos e forraxes.

- Promover a gandería en base a pastos e forraxes como exemplo de actividade sustentable dende o punto de vista económico, social e ambiental.

- Apoiar, estimular e realizar, entre investigadores, técnicos e gandeiros, estudos, proxectos e actividades formativas e de transferencia tecnolóxica relacionadas cos fins da asociación.

- Colaborar coas administracións na defensa dos intereses dos sectores dependentes dos pastos e forraxes.

As principais actividades da asociación van ser:

- Realización de dúas reunións anuais (primavera e outono), ou outras Ad hoc.

- Organización de actividades de formación, simposios científicos e publicacións, en colaboración, no seu caso, con institucións públicas ou privadas.

- Crear un estado de opinión positivo cara a gandería en base a pastos e forraxes co fin de mellorar a visión que se ten dos gandeiros e gandeiras e dos novos mozos e mozas que se están a incorporar, desterrando os vellos mitos sobre a mesma.

______________________________________________________________________

A primeira Reunión de Outono da SGPF vaise celebrar o 24 de outubro en A Fonsagrada.

Escolleuse un concello de montaña caracterizado pola potente gandería de carne de vacún e unha longa tradición de recuperación de terreos de monte para pastos, ademais dunha boa organización de xestión e comercialización vinculados á asociación de gandeiros.

Suscríbase a nuestra Newsletter - Ver ejemplo

Contraseña

Marcar todos

Autorizo el envío de newsletters y avisos informativos personalizados de interempresas.net

Autorizo el envío de comunicaciones de terceros vía interempresas.net

He leído y acepto el Aviso Legal y la Política de Protección de Datos

Responsable: Interempresas Media, S.L.U. Finalidades: Suscripción a nuestra(s) newsletter(s). Gestión de cuenta de usuario. Envío de emails relacionados con la misma o relativos a intereses similares o asociados.Conservación: mientras dure la relación con Ud., o mientras sea necesario para llevar a cabo las finalidades especificadasCesión: Los datos pueden cederse a otras empresas del grupo por motivos de gestión interna.Derechos: Acceso, rectificación, oposición, supresión, portabilidad, limitación del tratatamiento y decisiones automatizadas: contacte con nuestro DPD. Si considera que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente, puede presentar reclamación ante la AEPD. Más información: Política de Protección de Datos